top of page
IMG_9551_edited.jpg

A QUE SOAN AS RÚAS DE COMPOSTELA?

Os músicos das rúas de Compostela

Viaxe pola historia, vida e evolución da música nas rúas de Compostela

IMG_2923_edited.jpg

Compostela estivo sempre chea de música. Multitude de acordes de moi diferentes estilos conflúen para dar vida á cidade. Centos de músicos locais e foráneos, clásicos e contemporáneos, deixaron a súa impronta nas prazas e rúas do casco histórico. A través da testemuña de artistas de rúa e expertos, esta reportaxe tratará de percorrer a historia da profesión e a súa influencia na vida santiaguesa. Coñeceranse os problemas aos que se enfrontan cada día, os efectos da lexislación dunha profesión que non coñecía a regulación laboral. Acompañádenos nesta viaxe sonora que nos transportará á Compostela de antano, de agora e do futuro.

Os nosos protagonistas

Os nosos protagonistas

silueta melero.png

David Melero

silueta raul.png

Raúl Ben

  • Spotify - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco

Guitarra coma forma de vida​

  • Ano e medio tocando na rúa

  • Guitarra clásica

  • Cun disco publicado

  • Sen ubicación específica para tocar

silueta%20alvaro(1)_edited.png

Álvaro Iglesias

  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco

 A gaita é a súa paixón

  • 12 anos tocando nas rúas de Santiago

  • Gaita galega

  • Ten un disco, mais non o publicou

  • Toca no Arco de Xelmírez 

Un músico con moitos estilos...

  • 9 anos tocando

  • Guitarra

  • Non toca nun sitio fixo

  • Vai publicar un disco a principios de 2021

IMG_9611.jpg

David Melero

Melero é gaiteiro. Leva tocando 30 anos e, sempre que a súa axenda personal e profesional llo permite, toca no Arco de Xelmírez dende 2008.

Comezou animado por un amigo e co obxectivo de perder a vergoña, moi común en moitos artistas, de tocar en público. Dende aquela, o que ao principio era reparo converteuse en rutina: “Pola mañá vou anotarme para poder tocar e á tarde volvo para facelo. Ás veces é un pouco máis complicado conciliar a vida familia e o traballo.” 

Dende 2014 exerce como representante do grupo de gaiteiros, sendo o encargado de falar coas institucións: “O goberno do PP quixo cambiar a regulación dos músicos, e aínda que no papel parece que cambian moitas cousas, na práctica non se traduce en nada, todo segue igual”. 

O procedemento alternativo ao oficial polo que se rexen os gaiteiros é nun sistema de quendas mediante o cal se reparten as horas. Anotánse nun pequeno papel que se agocha entre as pedras da parede do Obradoiro. O primeiro que chega é o primeiro que elixe cando tocar, e o resto vai enchendo os 14 turnos dispoñibles.

É un sistema que ata o momento, segundo nos conta, non deu ningún tipo de problema e todo o mundo respeta: “Non existe ningún tipo de competencia entre nós. O único problema aconteceu cando un músico falara co Concello para ter reservada sempre a mesma hora, ocupando o mesmo espazo público todos os días, mais resolveuse facilmente mediando co Concello”.

No que se refire á dificultade de tocar na rúa, Melero recoñece que, en xeral, o público é moi agradecido e non adoita sufrir malas experiencias. Hai xente que non concibe o seu coma un traballo, mais “son minorías que realmente non pensan nas dificultades polas que están pasando os músicos que teñen a rúa como único ingreso. Isto sumado á falta de axudas por parte da administración dificulta a nosa profesión”.

Durante a pandemia, os músicos quedaron illados sen ningún tipo de información, enterándose das novas restriccións a través da prensa. Melero considera que problemas coma estes poderían ser solventados se existira un sentimento de unión no gremio, mais prevalece unha actitude individualista e nunca se chegaron a formalizar os acordos necesarios para organizarse.

Raúl Ben

Raúl Ben nace no Porriño e chega a Santiago fai un ano e medio sen ningún contacto previo coa música na rúa. Ata marzo do ano pasado era mestre de educación primaria pero, ao quedar no paro, decidiu saír a tocar. Actualmente complementa o seu traballo na rúa coa produción e composición musical para outros artistas. 

Ainda que o salario que poida gañar nas rúas de Santiago “non chega para vivir todo o ano”, para moitos músicos é unha parte esencial da súa economía que non debe ser visto como esmola.

En relación ao apoio que o Concello brinda aos músicos, Ben confesa que “ninguén me ofreceu axuda dende ningún colectivo nin asociación; unicamente xente anónima de bares ou negocios. Eu sempre defendín a liberdade, a música non debe ter nunca obstáculos”.

 

A pesar disto, móstrase sorprendido e favorable a que en Santiago exista certa regulación, pois cree que esta pode axudar e complementar ao sector de cara a unha futura profesionalización.

 

Ese apoio que non percibe das entidades públicas sí o nota na xente que o escoita e se interesa por el e pola súa música. Cóntanos que ten moitas experiencias positivas na rúa: “dende cativos que se quedan embobados mirándote ata persoas que se preocupan de como che vai e convídanche a tomar algo…”.

Ben defende que a rúa serve como escaparate para mostrar o talento que se agocha detrás de cada un. Tamén axudou ao músico a perder o medo e a aceptar que non se lle pode gustar a todo o mundo.

Máis alá de tocar na rúa, Ben contaba con subirse aos escenarios este ano. O porriñés xa tiña pechados ata 13 concertos para este verán, mais a pandemia obrigouno a cancelar todos e optar por facelos en plataformas streaming.

O 2020 foi un ano moi complicado para todos os que tocan fóra, pois non contan con ningún tipo de apoio externo que lles transmita certa seguridade.

 

Todo isto provoca que moitos artistas se cansen da situación, pero este non é o caso de Raúl Ben: “Eu non estou nesto polos cartos, ainda que sexan necesarios para vivir, teño un compromiso coa música e coa miña carreira. Non vou tirar a toalla”.

Álvaro Iglesias

Álvaro é o claro exemplo de que a rúa pode ser o punto de inflexión no que moitos músicos comezan a dar os seus primeiros pasos. Con 8 anos colle por primeira vez unha guitarra, motivado tras ver a músicos da rúa do Vilar e da Praza da Quintana, como Jazzman. A partir de aí comeza a estudar e, despois de varios anos no Conservatorio, sae a tocar nas rúas de Santiago, nas de Atenas e mesmo no programa Abriendo Ventanas da man de Andrés Suárez.

“Cada día es una historia diferente. Te puedes encontrar absolutamente de todo. Yo me he encontrado desde directores de cine hasta productores de música o gente que ha dejado su vida anterior para quedarse a vivir en Santiago. Nunca sabes lo que te vas a encontrar y creo que es lo que a mí más me engancha”, comenta Iglesias rememorando experiencias.

Para Álvaro, a rúa é un lugar onde podes manter contacto directo coa xente que pasa, que en moitos casos pode derivar nunha relación extramusical. Para el é unha maneira de nutrirse e medrar como persoa e como músico. O apoio dos seus pais permítelle estudar e seguir coa súa faceta artística, ainda que se mostra convencido de que en Santiago de Compostela se pode vivir dos ingresos da música na rúa: “Depende mucho de ti, de lo que estés haciendo, porque puedes hacer que un grupo de turistas se pare o no se pare, puedes hacer muchas cosas. Pero creo que se puede vivir de esto, tengo compañeros que sus únicos ingresos son de la calle”.

A pandemia, como no caso do resto de músicos, obrigou a Álvaro a deixar de frecuentar as rúas. De momento segue tocando na súa casa, que considera “el mayor escenario de todos”, onde o artista ten as conexións coa música máis fortes e persoais que poden experimentar. Mentres remata os estudos segue a ensaiar no fogar, de paso que aproveita para recordarnos que a principios do ano que vén saca o seu próximo EP, que estará dispoñible para escoitar na súa canle de Youtube.

Á pregunta de cómo define o seu próximo lanzamento móstrase claro, non se quere casar con ningún estilo en concreto. A súa inspiración? Dende Bach a J Balvin, consume todos os estilos de música: “Para enriquecerme como artista. No me encasillo en ningún sitio porque no soy capaz”.

 

Tamén afirma que non pode haber unha Compostela sen música, non pode haber unha Grecia sen música e non pode haber un mundo sen música. Álvaro está convencido de que a pandemia non poderá eliminar toda a actividade artística que se estaba xerando na cidade nos últimos anos, en especial se contan cun pouco máis de apoio das institucións: 

“Simplemente, que nos tengan en cuenta y que de alguna forma visibilicen lo que decía Andrés Suárez en su momento: un músico que toca en la calle no es un mendigo, no es alguien que esté suplicando para que le des cincuenta céntimos. Es alguien que está haciendo su trabajo, que lo está haciendo en la calle, que se está exponiendo a que tú le veas y a que le vea el resto”.

​Álvaro interpretando a Rodrigo Amarante

Historia

A historia da música de rúa en Compostela

Dende os anos 70: os grandes cambios

A finais dos anos setenta, co fin do franquismo, comézase a explotar o atractivo do Camiño de Santiago, algo que non se fixera durante todo o século XX. Hai casos documentados de músicos que chegaron a Compostela por esta vía nos primeiros anos de transición, entre os que destaca o dun zanfonista francés que foi recollido polos medios locais.

Danse por estes anos as primeiras experiencias comunitarias, inspiradas polo ambiente contracultural: músicos e artistas se concentran nos Ancares e no interior da provincia de Pontevedra para dedicarse á súa paixón. Segundo o historiador Ramon Almuinha (aCentral Folque), moitos destes artistas hanse deixar ver nas rúas de Compostela durante os primeiros anos oitenta. Non era unha grande aposta económica, xa que hai que ter en conta as consideracións do público: os novos músicos da rúa adoitaban empregar instrumentos exóticos coma o sitar, influídos por músicas orientais.

O Xacobeo do ano 1993 supuxo un cambio fundamental. A turistificación da cidade como consecuencia das políticas de promoción do acontecemento atrae a moitos músicos que buscaban situarse nas zonas de acceso á praza do Obradoiro. Almuinha, que foi músico por aquel entón, destaca: “Podías facer unhas sesenta mil pesetas ao día, algo que agora é impensable. Se te colocabas no arco ou na rúa do Franco un día de misa maior podías conseguir moitos cartos. Había moita competencia, iso si”.

Aparecen os primeiros grupos de pandereteiras – as primeiras foron as do Burgo en 1993− e un paseo polo casco vello podíanos transportar tanto á Italia dos estilos líricos da ópera como á América da nova troba cubana. A gaita, que non interesaba ao público máis novo, pasou á primeira liña musical despois da popularización de xéneros coma o neotrobadorismo e a posta en valor da cultura celta.

Non foron todo boas noticias para a música. Esta explosión turística de Compostela derivou nunha homoxeneización dos estilos: chegaron artistas con propostas universais e que se podían escoitar en calquera cidade, moitas veces en detrimento da variedade local e os estilos galegos que se explotaran ata o momento.

Lexislación

Lexislación

Foi neses anos, a finais da década dos noventa, cando xorderon as primeiras iniciativas e conversas para lexislar aos artistas de rúa. Os últimos anos Xacobeo (no 1993 e no 1998) orixinaran un fluxo constante de turistas e, por tanto, tamén de músicos de tódalas partes do mundo. Trátase dun problema común en moitas cidades europeas, especialmente naquelas Patrimonio da Humanidade.

 

O primeiro problema tivo que ver co ruído: os instrumentos de percusión víronse moi prexudicados. A gaita tamén era un instrumento moi complexo neste ámbito; estes anos finais do século XX supoñen os primeiros decretos específicos. 

Tamén se deron os primeiros intentos serios de agrupación por parte dos músicos, aínda que sen grandes resultados: en moitos casos non cotizan na seguranza social e por tanto non se atopan en circunstancias favorables para facer forza. Nos últimos anos apareceron os permisos, déronse reubicacións, e xurdiron lugares como o arco de Xelmírez coma iconas contemporáneas, produtos modernos do turismo.

Xa en novembro do 2013 o Concello anunciaba a entrada en vigor dunha nova normativa para regularizar a música e os espectáculos nas rúas. A nova ordenanza obrigaba a obter unha licencia para poder desenvolver calquera tipo de actividade artística na vía pública. 

Dun total de 67 solicitudes presentadas, 25 foron as seleccionadas para ocupar as rúas no primeiro trimestre de 2014, convertendo Compostela na primeira cidade galega en lexislar este tipo de actividade. As medidas adoptadas, e que dividían a implicantes e implicados, introducían unha serie de disposicións xerais de obrigado cumprimento para todo aquel que pretendía facer uso do espazo público. Así, entre outras medidas, establecíase a duración da licencia (3 meses) ou se limitaban os horarios dos músicos (de 10 a 22h). Tampouco se permite o uso de altofalantes ou a venda de música: todo beneficio económico debe saír da vontade individual.​​

Para poder tocar na rúa hai que presentar un formulario de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.  Todos os músicos coinciden en que se trata dun trámite sinxelo, que non supón ningún tipo de problema na práctica. A polémica xorde cando se instauraron por primeira vez os procesos burocráticos, sendo necesario presentarse a unha audición para reunir “uns mínimos de calidade de son”. Explícanolo Álvaro Iglesias: 

 

“Recuerdo que hice una audición hace aproximadamente cinco, seis años. Había que hacer una prueba conforme si ibas a tocar la guitarra, hacer de mimo o cualquier actividad cultural, para saber básicamente que estabas haciendo algo que tampoco es ridículo. Yo creo que, tan pronto una persona se expone a hacer algo en público ya merece un respeto. Entonces una vez que haces esa audición, solicitas unos papeles y los renuevas cada tres meses”.

O malestar tamén emerxeu cando non se lle requeriu superar a proba a todos os que optaban aos postos. Como nos conta David Melero, foi unha medida moi intermitente e que non se lle esixiu a todo o mundo, a maiores de que non se sabía cal era o criterio a seguir: non semellaba existir un patrón común para xulgar a calidade de cada artista.

 

Mercedes Rosón, concelleira de Urbanismo, Vivienda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade, conta que a lexislación é simplemente unha maneira de dar forma e organizar aos artistas que tocan e se gañan a vida na rúa.

Numerosas reclamacións comunicadas dende o sector dos gaiteiros, representados por David Melero, levaron ao Concello a modificar substancialmente as medidas en xullo de 2015, establecendo unha normativa específica para o Arco do Pazo de Xelmírez. Todo isto vén motivado pola disconformidade do sector coa normativa, pois seguían establecendo as súas propias quendas en función da orde de chegada. A entrada en vigor da norma non cambiou en nada no que se refiere ao método de organización, os músicos seguían rexéndose por acordos propios e non mediante o sistema que se lles propuxo. Deste modo, o Concello pasou a cambiar as quendas, ampliándoas a unha hora e media cada unha, e déronlle máis importancia aos propios artistas á hora de xestionar o espazo dispoñible. 

Durante a pandemia de covid-19

O 2020 será recordado como o ano que obrigou ao mundo a deterse. Todo o que percibimos como normal tornouse en privilexio, e os músicos viron interrompida toda a súa actividade de súpeto coa entrada en vigor do Estado de Alarma. Durante a desescalada pudieron voltar ás rúas, tras o paso á fase 3, cumprindo con todas as normas públicas de saúde derivadas da pandemia.

Valentín Caamaño, músico e voceiro da asociación Compostela é Música, afirma: "Debido ao carácter global da situación, a loita polas axudas e a melloría da situación te que ser a nivel estatal”. Pese a que a pandemia afecta a todos os músicos, Caamaño defende a profesión e teme polo seu presente:

Para acatar as directrices das autoridades sanitarias, o Concello tomou unha serie de decisións co obxectivo de devolver a actividade artística ás rúas, creando entornos seguros e que non supuxeran un risco para a saúde pública. O 22 de xuño publicouse un novo decreto mediante o cal se reducían os lugares habilitados para o desenvolvemento destas actividades.

A nova normativa deixou sen efecto ao contemplado ata o momento, pasando a rexer toda a actividade artística da rúa. A maiores da redución de espazos, tamén se responsabilizou aos músicos do cumprimento, por parte do público, das medidas de distanciamento e o uso obrigatorio de máscara, así como a desinfección dos espazos onde se desenvolven as actividades. Desta forma, a actividade musical nas rúas santiaguesas queda nunha situación desfavorable.

Mercedés Rosón coméntanos que a paulatina apertura que se viña observando dende verán puxo en marcha unha serie de iniciativas que nunca puideron chegar a materializarse: “Con motivo das medidas do COVID tiñamos planificado con todo o sector unha serie de actividades que se ían desenvolver a finais de agosto, pero o 2 de setembro voltaron a restrinxir horarios e aforos. Se todo vai ben, no Nadal vanse poñer en marcha actividades relacionadas coa música, as artes escénicas e outras cuestións, e vaise facer no espazo público".

 

En setembro deste ano, a páxina web do Concello sorprendía cunha nova revisión das actividades artísticas na rúa de cara ao vindeiro 2021. O Concello procede a suspender a concesión de calquera tipo de autorización de uso do espazo público para a realización de actividades artísticas durante, como mínimo, o primeiro trimestre de 2021. Esta decisión vén condicionada polo Ano Santo, coa correspondente ola de turismo a expensas da evolución sociosanitaria, e polo incumprimento das quendas e horarios por parte dos músicos.

Entre os entrevistados houbo variedade de opinións: Melero está a favor de que todo o mundo poida tocar na rúa, pero como músico profesional gústalle que haxa un certo nivel que dea unha imaxe seria do artista de rúa compostelán. Álvaro Iglesias, artista que non vive dos ingresos de rúa, si concibe esta como un espazo ao que calquera pode saír a mostrar o seu talento e non considera necesaria a lexislación.

Un futuro incerto... pero esperanzador

Ninguén coñece a situación á que se enfrontan os artistas nos próximos meses e anos. A súa dependencia dun público que se reduciu en gran medida dende o comezo da pandemia deixa a moitos profesionais como Melero, cuxa actividade na rúa supón a maioría dos seus ingresos, expectantes ante o que poida pasar. O sector segue sen organizarse de maneira efectiva para trasladar as súas preocupacións e problemáticas ás autoridades.

Sen embargo, unha profesión milenaria, que comezou nos albores da humanidade, á vez que se desenvolvían as primeiras urbes, está destinada a evolucionar e aguantar, como o leva facendo dende os seus inicios. 

“O sector dos músicos é resistentes, estamos afeitos a tirar para diante. Trátase dunha profesión que nace por unha vocación. A pandemia vai facer que o que o pase mal vaia a ser o músico profesional, que vive unicamente da música.” 

 

Valentín Caamaño, voceiro de Compostela é Música

  QUENES SOMOS?

Somos un grupo de xornalistas da USC. O noso equipo conta con Nicolás Vázquez, Pablo Sanmartín, Esther Santiago, Laura Puente, Nicolás Pose e Raúl Villamarín. O noso traballo consistiu en dar visibilidade a un sector máxico das nosas rúas: os músicos. As súas vidas, a historia da profesión e a lexislación que regula a súa actividade son algúns dos temas que poderedes coñecer ao longo da reportaxe.

aquesoasantiago@gmail.com

Tel: 619015307

  • Instagram
IMG_1457
IMG_3280
IMG_3518
IMG_4571
IMG_1001
IMG_3963
bottom of page